Asma, San Fiz de

Asma, San Fiz de

Igrexa románica do s XIII (1225 - 1230). Só conserva da fábrica medieval unha fiestra situada no muro sur da ábsida actual que remata nun arco de medio punto adornado con botóns e rodeado dunha chambrana cuberta por un festón de arquiños semicirculares. Está sostido por columnas de basas áticas e capiteis vexetais, un deles con entrelazo; o tímpano que se forma no centro do arco ornaméntase cunha roseta de botón central.