San Fiz de Reimóndez, igrexa de
San Fiz de Reimóndez, igrexa de
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída no s XIII en estilo románico, só conserva desta época a ábsida, precedida dun tramo recto e con planta semicircular no interior e pentagonal ao exterior. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No exterior destaca o campanario con baixorrelevos que forman rosetóns.