"Sandhurst" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
LOCALIDADES
Localidade de Berkshire, Inglaterra (6.400 h [1981]). É sede da Royal Military Academy, fundada en 1802, co nome de Royal Military College, inicialmente academia de infantaría e de cabalaría e ampliada en 1947, ao fusionarse coa Royal Military Academy de Woolwich (1741), á artillaría e a enxeñaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama pronunciada polo príncipe Afonso de Borbón (futuro Afonso XII) desde a academia militar de Sandhurst o 1 de decembro de 1874. Redactada por A. Cánovas del Castillo na súa campaña por restaurar a monarquía, incluía a promesa do príncipe de instaurar un modelo de monarquía constitucional.