Polop

Polop

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes orientais do sistema prebético valenciano (2.300 h [2001]). Predominan os cultivos de secaño (amendoeiras e oliveiras) e os cítricos no regadío. A base económica son os servizos.