"Santa Catarina" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Cervás (Ares). Construído en 1393 nun estilo románico de transición ao gótico, destaca especialmente un dos seus dous claustros, de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no s XVIII, pasando de ter planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón. Destaca o retablo barroco de madeira. O mosteiro viuse afectado en 1837 pola desamortización de Mendizábal, e os relixiosos franciscanos tiveron que abandonalo en favor do exército, en mans de quen estivo ata o ano 2000.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da rexión Sul de Brasil (95.443 km2; 5.356.360 h [2000]). A súa capital é Florianópolis. A rexión marítima é unha chaira baixa, anegable, con algunhas lagoas. A Serra do Mar forma a divisoria entre a rexión marítima e a do interior. Todos os ríos da rexión interior son tributarios do Uruguay, mentres que os ríos da rexión marítima desembocan no Océano Atlántico. Cultívase té, algodón, cana de azucre, trigo e tabaco e críase gando bovino e caprino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro da península de Sinaí situado na vertente NL do djebel Mūsā. Construído por Xustiniano (530?) para protexer os numerosos solitarios do deserto, está rodeado por unha enorme muralla e ateigado de construcións, das que destacan a basílica xustiniana co seu campanario, a mesquita (s XIV), a hospedaría e a biblioteca. A igrexa, de tres naves separadas por columnas de granito, está dedicada á Transfiguración.