Sinaí, Santa Catarina do

Sinaí, Santa Catarina do

Mosteiro da península de Sinaí situado na vertente NL do djebel Mūsā. Construído por Xustiniano (530?) para protexer os numerosos solitarios do deserto, está rodeado por unha enorme muralla e ateigado de construcións, das que destacan a basílica xustiniana co seu campanario, a mesquita (s XIV), a hospedaría e a biblioteca. A igrexa, de tres naves separadas por columnas de granito, está dedicada á Transfiguración.

Palabras veciñas

Sinaí Setentrional | Sinaí, campañas do | Sinaí, O | Sinaí, Santa Catarina do | sinaítico -ca | sinal | Sinal, O