Sinaí, campañas do
Sinaí, campañas do
Operacións militares efectuadas na península do Sinaí polo exército israelí nas Guerras Árabe-israelís. A primeira (1956) implicou a práctica ocupación do deserto (120 km de profundidade en tres días) polas columnas blindadas comandadas por Moshé Dayan. As forzas da ONU restableceron (1956) as liñas anteriores do armisticio de 1949. En 1967 as forzas blindadas israelís chegaron ata o canal de Suez na Guerra dos Seis Días. Ocuparon este territorio ata 1973, cando un súbito ataque exipcio obrigou os israelís a retirarse uns 20 km no interior do Sinaí, abandonado por Israel a raíz do tratado con Exipto.