"Santa Mariña" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro feminino situado na parroquia de Asadur, no actual concello de Maceda. Tivo como ilustre membro da súa comunidade á infanta dona Ximena, filla de Ordoño II e da Raíña Elvira. Sabemos da súa presenza no cenobio de Asadur por un documento de 935 conservado no tombo de Celanova. Este mosteiro conta cunha colección de pergameos, hoxe en día gardada no Arquivo da Catedral de Ourense, e composta de 31 documentos en lingua latina e romance datados entre os anos 1191 e 1542. Esta colección foi editada por Emilio Duro Peña en 1973.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial románica dos ss XII-XIII situada no concello de Allariz. Foi construída polos regulares da Orde de Santo Agostiño co fin de gardar os restos de santa Mariña, filla dun gobernador romano da Limia. Trátase dun sinxelo edificio de tres naves, que cristianiza unha construción antiga (o forno da Santa Mariña), que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares. O proxecto inicial da igrexa incluía unha cuberta de bóvedas cuadripartitas na nave central que non se chegaron a construír; a variación entre o proxecto inicial e o deseño actual foi posible debido a que a cabeceira se construíu, xunto cos muros perimetrais, antes ca o interior. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados, cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apoiándose en columnas encaixadas mediante capiteis estilizados e no propio muro. Enriba do arco triunfal de cada capela ábrese un rosetón. Tanto os arcos forneiros como os feixóns son apuntados, dobrados e de sección...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa tardogótica de finais do s XIV, erixida sobre unha construción anterior do s XII, da que se conserva a portada de acceso. Mandouna construír Fernán Pérez de Andrade no mesmo lugar no que se celebraba o mercado de Azougue (Betanzos), que se facía no adro do recinto eclesiástico anterior. Trátase dun edificio de planta basilical de tres naves con armazón de madeira, transepto do mesmo ancho e tres ábsidas semipoligonais cubertas con bóveda de crucería. No tímpano da portada occidental existe unha representación da Epifanía e da Anunciación. No interior conserva un retablo do s XVIII, obra do escultor local Ignacio Francisco Gómez Soneira. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Martín e Santa Mariña de Rosende.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toques. Románica de finais do s XII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular prolongada cara ao L cunha sancristía engadida posteriormente. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e de gran luz, non está sostido por columnas, senón polo propio muro, a través dunha imposta adornada con motivos vexetais moi estilizados.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cambados. Foi construída entre os últimos anos do s XV e os primeiros do s XVI por orde de López Sánchez de Ulloa sobre unha capela do s XII. De estilo oxival, consta dunha nave dividida por catro arcos transversais de medio punto sostidos por pilastras e dunha ábsida de planta rectangular con bóveda estrelada. O arco triunfal é apuntado e a bóveda é de crucería. A fachada principal tivo un rosetón, hoxe desaparecido. A mediados do s XIX foi pechada ao culto e en 1943 as súas ruínas foron declaradas Ben de Interese Cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial localizada en Lalín. De estilo románico, os epígrafes conservados amosan unhas datas comprendidas entre 1170 e 1180. Consta dunha nave e dunha ábsida posteriormente ampliada. A nave ten cuberta de madeira a dúas augas. A fachada principal reformouse ao engadirse un óculo e unha espadana de dous arcos ademais dun terceiro como coroamento. A porta está formada por unha arquivolta apoiada en dúas columnas a cada lado. O tímpano presenta un lintel bilobulado cunha inscrición entre os lóbulos, o conxunto complétase con catro arquiños semicirculares na parte superior do tímpano.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. Construída no s XVIII, destacan os relevos atribuídos a Francisco de Moure.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Avión. Cómpre destacar o retablo do s XVIII que contén as imaxes de santa Mariña, san Bieito e san Gregorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Mariña Dozo de Cambados.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Alonso Francisco Francos Arango, bispo de Ourense, mandou reconstruír en 1770 o corpo dunha igrexa que estaba en estado ruinoso. Entre 1789 e 1792 construíuse a igrexa que se conserva. Ten unha soa nave e capela maior. No interior destaca un artesoado de madeira de transición ao mudéxar e o retablo maior neogótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Santiago de Requeixo (Chantada). Construída no s XVIII, ten unha soa nave. O presbiterio cóbrese cunha falsa bóveda e o arco triunfal é semicircular. No interior conserva retablos neoclásicos do s XIX. A fachada, reformada despois da súa construción, ten unha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Amoeiro. Trátase dunha construción románica, de transición ao gótico, de finais do s XII. Consagrouna no 1200 o bispo Afonso I. Ten unha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado. A fachada reconstruíuse utilizando materiais antigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Campo Lameiro. De orixe románica (s XII), só conserva a fachada pois o resto da construción foi remodelada. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta sostida por columnas cos capiteis decorados: un home loitando cun animal, un home en crequenas, un animal atacando unha serpe e unha cesta con motivos vexetais. No tímpano represéntase a un bispo, que sostén na man esquerda un báculo mentres bendí coa dereita, flanqueado por dous cegos que portan un libro e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Construída en estilo románico a finais do s XII ou principios do s XIII, ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco de triunfo é apuntado e a porta principal está formada por arquivoltas, a máis externa decorada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo románico, foi construída no s XII, pero reformada en época barroca (s XVIII). Ten unha soa nave de planta rectangular cunha capela maior de planta cadrada separada da nave central por un arco triunfal de medio punto rebaixado. Destaca o retablo barroco da capela maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Construída en 1671, sufriu reformas posteriores. Ten planta de cruz latina, cunha soa nave e tres capelas. A nave cóbrese con bóveda de canón e arco de medio punto rebaixado, e as capelas laterais con bóveda de canón e de cruzaría. Destacan varios retablos barrocos, así como as pinturas murais.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Rosal. Orixinalmente de estilo románico, foi reformada en 1847 e déuselle a forma definitiva en estilo neoclásico. No interior, presenta tres naves, onde o máis destacado é o altar maior, de estilo plateresco (s XVI). O edificio complétase cunha bóveda de cruzaría de estilo neogótico. Destaca a fachada, cunha torre cuadrangular de estilo manuelino con reloxo e remate en cúpula piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO