"Santa comba" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cenobio situado no concello de Bande. Aínda que non se conserva a súa acta fundacional, a súa creación fíxase ao redor do s VII. Así mesmo, grazas a un diploma do ano 982 conservado no tombo de Celanova tense coñecemento de que o monxe Odoino doara o mosteiro de Bande ao de Celanova; nese mesmo documento recordábase a restauración que se fixera da súa igrexa grazas a unha encomenda feita no 872 polo Rei Afonso III, quen encargara a Odoario a repoboación das terras bañadas polos ríos Limia e Támega. Tratábase dun mosteiro dúplice, con dous edificios separados para homes e mulleres, e cunha igrexa común para os servicios relixiosos e o culto de ambas as dúas comunidades, única estrutura arquitectónica conservada. Acolleu os restos de san Torcado, primeiro bispo de Guadix e discípulo do Apóstolo Santiago traído a Bande cando ao comezo da presenza musulmá no sur da Península Ibérica, ata que foron trasladados en 1601 ao mosteiro de San Salvador de Celanova. O templo presenta unha planta de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no val de Monterrei, entre os concellos de Monterrei e Verín, que aínda tiña vida conventual no século XII. Non se conserva ningunha documentación relativa ao mesmo.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Valga. Baixo o nome de Santa Comba de Louro foi cabeza da antiga xurisdición de Cordeiro, que sufriu as invasións normandas pola súa proximidade ás Torres do Oeste. Antano foi un mosteiro de monxas fundado no s X polos condes Menendo e Tonda. En 1028 pertenceu a Vermudo III e, posteriormente, don García doouno á igrexa compostelá. Ao disolverse a comunidade de monxas, instalouse nas súas dependencias unha comunidade de cóengos regulares, polo que a igrexa acadou a categoría de colexiata. En 1478 anexionouse á colexiata de Iria por mandato de Alonso III de Fonseca. Consérvase a igrexa de estilo barroco con influencias neoclásicas (1733-1734). Realizouna o mestre Xoán Fontenla segundo a traza de Antón Barros. Ten planta de cruz latina, ábsida rectangular e cóbrese con bóvedas de medio canón. No interior destaca o altar maior, trazado por Xosé Bieito Malvárez e realizado por Alexandre Nogueira. As imaxes orixinarias deseñounas Xosé Gambino.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rianxo. Datada no s XV, ten trazas gótico-mariñeiras con planta rectangular e unha soa nave dividida en catro tramos por arcos faixóns apuntados. A capela maior é de planta cadrada e cóbrese con bóveda de cruzaría. No lado norte ten acaroada unha capela de menor dimensión, a sancristía sitúase detrás da cabeceira. Nos laterais da nave principal atópanse dúas capelas dos ss XVI-XVII. Na fachada principal destaca a portada do s XVI con arco de medio punto e un relevo de Xesús Cristo bendicindo entre dous anxos. Nun lateral sitúase a torre-campanario do s XVIII, de planta cadrada con tres tramos e rematada en cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Trocado dividida entre os concellos de Bande e Lobeira, onde ten a súa cabeceira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Santa Comba, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Xallas, situado no centro-O da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 02’ 10” de latitude N e 9° 10’ 50” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Coristanco (comarca de Bergantiños), ao L cos concellos de Tordoia (comarca de Ordes) e Val do Dubra (comarca de Santiago), ao S cos da Baña e Negreira (os dous da comarca da Barcala), e ao O co de Mazaricos (comarca de Xallas) e co concello de Zas (comarca de Terra de Soneira). Abrangue unha superficie de 203,7 km 2 cunha poboación de 10.588 h (2007), distribuída entre as parroquias de Alón, Arantón, Bazar, Cícere, Fontecada, Freixeiro, Grixoa, Grixoa de Esternande, Mallón, Montouto, A Pereira, San Salvador de Padreiro, Santa Comba, Santa Sabiña, Ser, Vilamaior e Xallas de Castriz. A capital está no lugar de Santa Cataliña de Armada, na parroquia de Santa Comba, localizada a 55 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cerceda. Ten planta dunha soa nave con ábsida rectangular á que se accede a través dun arco de medio punto. Cúbrese a dúas augas e conserva elementos románicos nos laterais. Sobresae a fachada, que remata cunha espadana que fai a función de campanario, cunha imaxe da Virxe e un rosetón sobre a porta principal. Tamén destaca o cruceiro do atrio.
VER O DETALLE DO TERMO