Rianxo, Santa Comba de
Rianxo, Santa Comba de
Igrexa parroquial situada en Rianxo. Datada no s XV, ten trazas gótico-mariñeiras con planta rectangular e unha soa nave dividida en catro tramos por arcos faixóns apuntados. A capela maior é de planta cadrada e cóbrese con bóveda de cruzaría. No lado norte ten acaroada unha capela de menor dimensión, a sancristía sitúase detrás da cabeceira. Nos laterais da nave principal atópanse dúas capelas dos ss XVI-XVII. Na fachada principal destaca a portada do s XVI con arco de medio punto e un relevo de Xesús Cristo bendicindo entre dous anxos. Nun lateral sitúase a torre-campanario do s XVIII, de planta cadrada con tres tramos e rematada en cúpula.