"Santander" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída no 1857 en Santander e reconstituída no 1875 co mesmo nome, ao integrarse a anterior sociedade no Banco de España e perder o privilexio de emisión de moeda (1874). Mantívose como entidade local ata despois da Guerra Civil española, momento no que comezou unha enorme expansión. A base do seu crecemento foi a dun banco comercial, pero adoptou ao mesmo tempo participacións en empresas industriais e de servicios. Aproveitando a crise financeira da década dos sesenta iniciou a súa política expansiva por Galicia no ano 1967 cando absorbeu a Banca Cid e posteriormente en 1968 cando comprou o Banco Jáudenes Bárcena. No ano 1994 adquiriu en poxa o Banco Español de Crédito, logo de que este fose intervido polo Banco de España, converténdose no primeiro grupo bancario español. No 1997 adquiriu tamén o Banco Noroeste do Brasil. Fusionouse en 1998 co Banco Central Hispano dando orixe ao Banco Santander Central Hispano (BSCH).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria que naceu da fusión entre o Banco de Santander e o Banco Central Hispano anunciada o 15 de xaneiro de 1999 e aprobada polas respectivas xuntas de accionistas en abril do mesmo ano. En maio de 1999 entraron a formar parte do accionariado do Banco de Santiago (Chile), Bancosur (Perú), Banco de Asunción (Paraguai) e de Banco Tornquist (Arxentina) cando mercou ao grupo Luksic a súa participación no holding OHCH.
-
GALICIA
Xornalista e realizador. Realizou estudios de documentalismo e técnicas publicitarias. Iniciou o seu labor como xornalista en El Ideal Gallego (1979-1982). Redactor de La Voz de Galicia dende 1982, traballou como comentarista de Antena-3 Radio e RadioVoz. No eido cinematográfico, comezou a súa actividade en 1965, no Club de Cine Amateur da Coruña. Das súas obras en galego cómpre destacar Probe Galicia (1967) e Irvos á merda (1968); e en castelán Golpe de estado (1970) e Una ciudad que agoniza (1975). Realizou varios guións para TVG e diversos seriais para La Voz de Galicia. Colaborou coas revistas Defensa, Historia 16, Cambio 16 e El Ciervo, e cos xornais Diario 16, El País e ABC. Publicou El alzamiento de 1936 en Galicia (1982), Tensiones militares durante el franquismo (1985), La persecución de Castelao durante el franquismo (1986), Wenceslao Fernández Flórez: vida...
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (21.658 km2; 1.345.697 h [estim 2000]). A súa capital é Cúcuta.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Cantabria, situada no extremo SL da península do cabo Mayor (180.717 h [2001]). Domina a entrada da baía de Santander, que lle serve de porto natural. Primeira cidade da fachada cantábrica, foi desbancada por Bilbao a mediados do s XIX e por Donostia e Gijón no decenio 1940-1950, cando un incendio destruíu en 1941 boa parte da cidade. O concello terciarizouse, pero mantén unha actividade portuaria importante. Exportou la a Flandres (ss XV e XVI) e fariñas castelás a América (ss XVIII e XIX). En 1754 foi erixida en bispado e Fernando VI deulle o título de cidade (1755). Foi ocupada polos franceses (1808-1812) e viviu as Guerras Carlistas. Durante a Guerra Civil permaneceu fiel á Segunda República ata agosto de 1937. Do seu patrimonio cultural destacan o conxunto histórico de El Sardinero (BIC, 1986) e o palacio e os xardíns de La Magdalena (BIC, 1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (30.537 km2; 1.964.361 h [estim 2000]). A súa capital é Bucaramanga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Castela a Vella, convertida en 1982 en comunidade autónoma uniprovincial co nome de Cantabria.
-
PERSOEIRO
Político e militar colombiano. En 1810 uniuse aos independentistas e foi un dos lugartenentes de Simón Bolívar, que o nomeou vicepresidente de Nueva Granada e da República de Colombia (1821). Proporcionoulle cartos, homes e víveres a Bolívar, o que fixo posible a continuación da campaña. O separatismo venezolano enfrontouno a Bolíva, pois defendeu a constitución federal de 1821. Morto Bolívar, foi proclamado presidente de Nueva Granada (1832-1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Santander ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Santander.
-