Santander

Santander

Capital de Cantabria, situada no extremo SL da península do cabo Mayor (180.717 h [2001]). Domina a entrada da baía de Santander, que lle serve de porto natural. Primeira cidade da fachada cantábrica, foi desbancada por Bilbao a mediados do s XIX e por Donostia e Gijón no decenio 1940-1950, cando un incendio destruíu en 1941 boa parte da cidade. O concello terciarizouse, pero mantén unha actividade portuaria importante. Exportou la a Flandres (ss XV e XVI) e fariñas castelás a América (ss XVIII e XIX). En 1754 foi erixida en bispado e Fernando VI deulle o título de cidade (1755). Foi ocupada polos franceses (1808-1812) e viviu as Guerras Carlistas. Durante a Guerra Civil permaneceu fiel á Segunda República ata agosto de 1937. Do seu patrimonio cultural destacan o conxunto histórico de El Sardinero (BIC, 1986) e o palacio e os xardíns de La Magdalena (BIC, 1982).