Fernández Santander, Carlos E.
Xornalista e realizador. Realizou estudios de documentalismo e técnicas publicitarias. Iniciou o seu labor como xornalista en El Ideal Gallego (1979-1982). Redactor de La Voz de Galicia dende 1982, traballou como comentarista de Antena-3 Radio e RadioVoz. No eido cinematográfico, comezou a súa actividade en 1965, no Club de Cine Amateur da Coruña. Das súas obras en galego cómpre destacar Probe Galicia (1967) e Irvos á merda (1968); e en castelán Golpe de estado (1970) e Una ciudad que agoniza (1975). Realizou varios guións para TVG e diversos seriais para La Voz de Galicia. Colaborou coas revistas Defensa, Historia 16, Cambio 16 e El Ciervo, e cos xornais Diario 16, El País e ABC. Publicou El alzamiento de 1936 en Galicia (1982), Tensiones militares durante el franquismo (1985), La persecución de Castelao durante el franquismo (1986), Wenceslao Fernández Flórez: vida y obra (1987), Casares Quiroga: una pasión republicana (2001) e El exilio gallego de la Guerra Civil (2002). Recibiu o Premio Ejército de Periodismo, o Premio Fernández Flórez de biografía e o Premio Julio Camba de xornalismo, e foi finalista do Premio Espejo de España (1979 e 1983).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña