"Santar" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Político indonesio. Formou parte do Partido Comunista de Indonesia dende 1943. Posteriormente fundou o Movemento para a Independencia de Indonesia polo que foi detido sucesivamente polos xaponeses e os holandeses no 1945. Dende 1947 ocupou diversos cargos no Partido Comunista e no goberno presidido por Sukarno (1950-1965). Foi executado despois do golpe de estado do Xeneral Untug (1965) durante a represión dirixida polo Xeneral Suharto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freira. Britaldo, o mozo con quen se prometera, renunciou ao seu casamento por respecto aos votos de virxindade que ela contraera, pero ameazouna de morte en caso de que tivera amores con outro. Dando creto as calumnias, finalmente mandouna matar. O seu cadáver foi arroxado a un afluente do Tejo e apareceu preto de Scallabis, vila que desde entón se chamou Santarém (de santa Irena). A súa festa celébrase o 20 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi cronista do concello de Mondoñedo. Publicou Mondoñedo: El Convento de Alcántara (1910), Del obispado de Mondoñedo (1915) e, postumamente, Etnografía mindoniense (2000), recompilación de artigos publicados en El Compostelano. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a encomenda da Orden de Alfonso X el Sabio (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que presenta escudo partido e medio cortado: 1, en campo de ouro, unha cigoña de prata, e á súa destra, unha árbore de sinople con froitas de ouro, de cuxo flanco destro colga un caldeiro de sable pendurado por unha cadea sobre ondas de prata e azul; 2, en campo de sinople, un castelo de ouro, aclarado de sable, destrado dun home vestido de goles e no sinistro dun guerreiro armado de prata, empuñando unha espada fendente; 3, campo de ouro, con tres faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Pará, Brasil, situada na confluencia do Tapajós co Amazonas (288.628 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, en Ribatejo, Portugal, situada á esquerda do Tejo (27.683 h [2001]). É un centro comercial e predomina a industria téxtil. Cambiou a miúdo de dominadores ata que Afonso I lla conquistou aos árabes en 1147. Destacan as igrexas góticas de São João de Alporão, convertida en museo arqueolóxico, e de Graça.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal (6.723 km2; 454.506 h [2001]). A súa capital é Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobás (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 946 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Santarém ou as seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Vilasantar, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia da Coruña (43° 04’ 00’’ N- 8° 07’10’’ O). Limita ao N co concello de Curtis (comarca de Betanzos), ao L con Sobrado dos Monxes (Terra de Melide), ao S con Sobrado dos Monxes (Terra de Melide) e Boimorto (Arzúa), e ao O con Mesía (Ordes). Abrangue unha superficie de 59,2 km 2 cunha poboación de 1.469 h (2007) distribuída nas parroquias de Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e Vilasantar. A capital está no lugar de Ru, na parroquia de Vilasantar. Sitúase a 51 km de Santiago de Compostela e a 48 km da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O territorio de Vilasantar é unha chaira de moderada altitude, entre os 350 e os 600 m (monte Enxameno, 609 m), na que apenas existen resaltes e si unha sucesión de suaves pendentes condicionadas pola débil acción erosiva fluvial....

    VER O DETALLE DO TERMO