Santar

Santar
[HERÁLD]

Apelido de orixe galega que presenta escudo partido e medio cortado: 1, en campo de ouro, unha cigoña de prata, e á súa destra, unha árbore de sinople con froitas de ouro, de cuxo flanco destro colga un caldeiro de sable pendurado por unha cadea sobre ondas de prata e azul; 2, en campo de sinople, un castelo de ouro, aclarado de sable, destrado dun home vestido de goles e no sinistro dun guerreiro armado de prata, empuñando unha espada fendente; 3, campo de ouro, con tres faixas de azul.