Santanyí
Santanyí
Municipio de Mallorca, situado no extremo meridional da illa (8.875 h [2001]). A agricultura de secaño dedícase aos cereais e ás froiteiras de secaño, pero a base da súa economía é a actividade turística.