Iria de Santarém, santa

Iria de Santarém, santa

Freira. Britaldo, o mozo con quen se prometera, renunciou ao seu casamento por respecto aos votos de virxindade que ela contraera, pero ameazouna de morte en caso de que tivera amores con outro. Dando creto as calumnias, finalmente mandouna matar. O seu cadáver foi arroxado a un afluente do Tejo e apareceu preto de Scallabis, vila que desde entón se chamou Santarém (de santa Irena). A súa festa celébrase o 20 de outubro.