"Sardeña" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1821-1831). Fillo de Víctor Amadeo III, da dinastía de Savoia, e irmán de Víctor Manuel III, a quen sucedeu. Aboliu a Constitución concedida polo rexente Carlos Alberte e restableceu o goberno absolutista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Mediterráneo, que forma parte de Italia (24.090 km2; 1.599.511 h [2001]). A súa capital é Cagliari. Situada ao S de Córsega, e separada dela polo estreito de Bonifacio, está a igual distancia de Xénova, Menorca e Marsella. É unha rexión con estatuto especial dentro de Italia e está dividida en catro provincias. Constitúe un fragmento de zócolo herciniano cortado por numerosas fallas. O macizo máis importante é o Gennargentu, que ocupa a maior parte do sector oriental e ten a maior altura da illa (Punta La Marmora, 1.834 m). Ten cultivos de cereais, hortalizas, viña, oliveiras e froiteiras, gandaría ovina e industria de elaboración de queixos. Especialmente coñecida polo desenvolvemento da civilización nuráxica desde o II milenio a C, foi ocupada polos cartaxineses, conquistada por Roma (238 a C) e invadida polos vándalos (455) e bizantinos (534). Territorio da Coroa de Aragón ata 1714, pasou á casa de Savoia en 1720 e formou, xunto a Piemonte e Niza, o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Savoia (Vítor Amadeu II, 1675-1730) e rei de Sicilia (Vítor Amadeu I, 1713-1718) e de Sardeña (1720-1730). Formou parte da Liga de Augsburgo contra Francia (1689) e opúxose a Francia na Guerra de Sucesión Española. Como consecuencia das paces de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714) obtivo o reino de Sicilia, que cambiou en 1720 polo de Sardeña. Reformou a administración e as finanzas dos seus estados. En 1730 abdicou en favor do seu fillo Carlos Manuel III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1773-1796) e duque de Savoia (Vítor Amadeo III: 1773-1792), fillo e sucesor de Carlos Manuel III. Durante a Revolución Francesa cortou as relacións con Francia, que ocupou Savoia e o condado de Niza (1792). Vencido por Napoleón (1796), renunciou ao reino polo Tratado de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vítor Manuel II de Italia.