"Sark" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regata internacional de grandes barcos veleiros organizada pola International Sailing Training Association, que adoptou a denominación dun clipper construído en 1869 nos estaleiros de Clydebank (Escocia). Esta embarcación entrou en servizo en febreiro de 1870 para transportar té de China e outros artigos coloniais. En 1895 adquiriuno a casa viñateira Ferreira, do Porto, que o rebautizou co seu nome. En 1922 retornou ás Illas Británicas onde foi restaurado. Dende entón permanece varado no porto de Greenwich (Londres). En 1955 xurdiu a iniciativa de organizar a regata internacional para grandes veleiros, de carácter bienal, que celebrou a súa primeira edición en 1956 cun percorrido entre Torbay e Lisboa. En 1972 a firma de licores londinense Berry Bros. & Rudd decidiu patrocinar o evento, pois un ano despois da volta do clipper ao Reino Unido (1923) escollera o nome Cutty Sark para o seu novo whisky. A regata Cutty Sark ten un carácter non competitivo, pois os seus principais...
-
PERSOEIRO
Financeiro e mecenas armenio. Magnate do petróleo, comezou a traballar co seu pai en 1888. Nacionalizado británico en 1902, viviu en Londres e París, e en 1942 estableceuse en Lisboa. Coa súa fortuna formou unha coleccion de arte, base da Fundação e do Museu Calouste Gulbenkian.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico xeorxiano. Coñecido como Sergei Paradjanov, obtivo unha gran repercusión internacional grazas ao tratamento visual onírico e barroco do filme Teni zabytych predkov (A sombra dos devanceiros olvidados, 1964). Da súa filmografía posterior destacan Sayat Nova (A cor da milgranda, 1969), Legenda o Suramskoj kreposti (A lenda da fortaleza de Suram, 1984) e Ashugi Qaribi (A antiga lenda do Cáucaso, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das Illas Anglonormandas.
-
PERSOEIRO
Político. De nome completo Nicolas Paul Stéphane Sarkozy de Nagy-Bocsa, graduouse en dereito civil pola Universidade de París X Nanterre e exerceu como avogado especializado en dereito familiar e de empresa. Comezou a carreira política con 22 anos ao ser elixido concelleiro da cidade de Neuilly-sur-Seine, da que tamén foi alcalde de 1983 a 2002. En 1988 conseguiu a acta de deputado no Parlamento Francés. Nos anos 1993-1995 foi ministro de Finanzas e portavoz do Executivo no gabinete de Édouard Balladur. En 2002 foi nomeado ministro do Interior durante o mandato de Jean-Pierre Raffarin, posto que desempeñou ata marzo de 2004, cando pasou a ser ministro de Economía, Finanzas e Industria. En novembro de 2004 dimitiu do seu cargo por ser designado líder de Unión por un Movemento Popular (UMP). En maio de 2005 retomou o ministerio baixo o goberno de Villepin, durante o período de disturbios nos suburbios das grandes cidades francesas. En maio de 2007 foi elixido presidente da República Francesa...
VER O DETALLE DO TERMO