"Sava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • ENTRADA LARGA

    Lei que proporciona a indución magnética dB nun punto calquera P do espacio, producida por un elemento de corrente Idl que circula por un condutor. En módulo:

    FORMULA

    onde ¦Ì0é a permeabilidade magnética do baleiro, I a intensidade da corrente, r a distancia do elemento de corrente en P e ¦Õ o ángulo entre os vectores dl e r. Cando as condicións de simetría o permiten, o campo magnético pode calcularse mediante o teorema de Amp¨¨re.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto, político, médico e escritor francés. Coñecido porque foi un dos primeiros sistematizadores da gastronomía, particularmente da francesa. A súa obra fundamental é Physiologie du goût (A fisioloxía do gusto, 1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario francés fundado en 1665 en París. O seu inspirador foi J. B. Colbert, coa intención de que servise para dispoñer a cultura ao servizo do Estado. Incluía información literaria e científica. Desapareceu en 1792 e reeditouse a partir de 1816; en 1902 foi adquirido polo Institut de France e converteuse en órgano das cinco academias francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Interesado polos estudios clásicos e pola influencia da Revolución Francesa no seu tempo, está considerado como un dos máis destacados poetas da época. Publicou anonimamente Gebir (1798), primeira peza destacada da súa obra poética, a súa extensa obra en prosa Imaginary Conversations (1828), The Hellenics (1847), Drysticks (1858) e Heroic Idylls (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Serbia, situado en Serbia e Montenegro, e afluente do Morava pola dereita. Ten unha lonxitude de 218 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documento expedido polo xefe das forzas navais dun estado en guerra que permite navegar con seguridade a unha nave inimiga, especialmente un barco hospital ou un barco mercante que por razóns especiais efectúa un tráfico determinado entre portos inimigos.

    2. Documento provisional expedido polo cónsul dun porto estranxeiro que permite a habilitación de bandeira do seu estado a unha embarcación, desde o porto de expedición do documento, en que se efectuou a compra, ata o momento do seu abandeiramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado nas vertentes do macizo de Sant Llorenç del Munt (2.061 h [2001]). Os cultivos son de secaño e ten moita tradición o sector téxtil. É un centro de segunda residencia e veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos Balcáns, que é afluente pola dereita do Danubio (940 km). Nace nos Alpes Xulianos, preto da fronteira con Austria, atravesa Eslovenia, pasa por Zagreb, fai de límite entre Croacia e Bosnia e rega Serbia ata Belgrado, onde conflúe co Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico serbio, fillo de Estevo I de Serbia. Fuxiu para facerse monxe no monte Athos (1192), onde cambiou o nome de Rastko polo de Sava. Obtivo de Constantinopla o recoñecemento de autocefalia da igrexa serbia (1219), da que foi primeiro patriarca (1221).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Oceanía, a máis grande das dúas que constitúen Samoa Occidental (1.715 km2). O seu núcleo principal é Tuasivi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo. Discípulo de W. Kuijken en Bélxica e de A. Wenziger en Basilea, a quen sucedeu (1974) na dirección da Schola Cantorum Basiliensis. En 1997 creou o Centro Internacional de Música Antigua, para a investigación e edición de obras do patrimonio histórico español. Recibiu un Cesar polo acompañamento musical da película Tous les matins du Monde (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU que desemboca no Océano Atlántico (730 km). Nace ao pé dos Apalaches meridionais, corre en dirección NO-SL e desemboca preto da cidade homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Georgia, EE UU (131.510 h [2000]). É porto comercial da costa atlántica, situado preto da desembocadura do Savannah, e posúe construcións navais, refinaría de petróleo e industrias da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (21.774 km2; 674.900 h [estim 1995]). A súa capital é Savannakhét (96.652 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Mauricio (245 km2; 66.356 h [2000]). A súa capital é Souillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Canteiro. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo e en Madrid. Estivo implicado no levantamento republicano de Juan B. Topete (1868) e foi deportado a Orán. Cofundador do Casino de Camposancos, traballou na Biblioteca e no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, na torre da igrexa de San Pedro de Burgueira (Oia) e, na Guarda, no convento de Carmelitas e nos palacetes de Eloy Domínguez e da familia Candeira, no Centro Sanitario, convertido no Centro Socio-Cultural, e na Casa das Torres en Camposancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade logarítmica de medida da altura dos sons musicais. Dous sons teñen unha diferenza de altura de 1 savart se o logaritmo decimal do cociente das súas frecuencias é 1/1.000. Unha oitava ten 301,03 savarts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a audición e fixo notables investigacións en acústica. Estudou, xunto con Biot, os efectos dinámicos da corrente eléctrica, e o movemento dos fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abraham Bar iyya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sawatch Range.

    VER O DETALLE DO TERMO