Biot e Savart, lei de

Biot e Savart, lei de

Lei que proporciona a indución magnética dB nun punto calquera P do espacio, producida por un elemento de corrente Idl que circula por un condutor. En módulo:


FORMULA


onde ¦Ì0é a permeabilidade magnética do baleiro, I a intensidade da corrente, r a distancia do elemento de corrente en P e ¦Õ o ángulo entre os vectores dl e r. Cando as condicións de simetría o permiten, o campo magnético pode calcularse mediante o teorema de Amp¨¨re.