"Segrè" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, na comarca da Noguera, situado á beira do río Segre (3.068 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Dentro dos sectores produtivos destaca a gandería do porcino. A destilación de alcohol, a fabricación de fariña e a industria da madeira tamén teñen a súa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose, sexa por herdanza independente, sexa por entrecruzamento. É un caso de apomixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe vinícola localizada na provincia de Lleida, na que existen catro subzonas. Os seus caldos máis apreciados son os brancos, os cavas e os tintos de Raimat. Nos últimos anos do s XX logrou algúns dos viños máis valorados polos especialistas, pertencentes a adegas como Castell de Remei, L’olivera ou Raimat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do Ebro. Nace a máis de 2.000 m de altitude no Pireneo francés e, durante os 265 km do seu percorrido, atravesa as provincias de Girona, Lleida e Zaragoza, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario. Dos seus estudos destacan as edicións de Orlando furioso e a Opere minori (1954-1964) de Ariosto, Prosa del Duecento (1958), Lingua, stile e società. Studi sulla storia della prosa italiana (1963), Le strutture e il tempo (1975), Notizie dalla crisi. Dove va la critica letteraria (1994) e Tempo di bilanci. La fine del Novecento (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Coñecido como Pitigrilli, foi un humorista dotado dun extraordinario cinismo, moi crítico coa sociedade e culto. Colaborador asiduo de La Codorniz, escribiu El cinturón de castidad (1922) e El farmacéutico a caballo (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico italiano. Doutorouse en Física (1928) e naturalizouse estadounidense. Realizou investigacións sobre espectroscopía e o efecto Zeeman, e, sobre todo en física nuclear e partículas atómicas, coa colaboración de E. Fermi en Roma e de O. Chamberlain en Berkeley. Descubriu, en colaboración con outros investigadores, novos elementos como o tecnecio, o astato e o plutonio, así como o antiprotón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1959, xunto con O. Chamberlain.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa que se ignora, se oculta ou non se debe coñecer.

      1. segredo de confesión /

        Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia. A revelación do segredo comporta a pena de excomuñón. OBS: Tamén se denomina sixilo sacramental.

      2. segredo de estado /

        Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos. A súa revelación compromete a seguridade do Estado.

      3. segredo de sumario

        Segredo encamiñado a garantir tanto a administración de xustiza como a defensa dos intereses persoais das partes implicadas, mentres se fan as dilixencias pertinentes para a descuberta da verdade dos feitos. Están obrigados a mantelo todas as persoas que coñezan os feitos do sumario e especialmente os funcionarios da administración, os avogados e os procuradores dos tribunais. Dura ata que comeza o xuízo oral.

      4. segredo profesional

        Obriga de determinados profesionais de non divulgar aquilo que coñeceron por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.

      5. Discreción máxima.

      6. segredo bancario

        Obriga consuetudinaria das entidades bancarias, e do seu persoal, de gardar unha discreción total sobre as relacións bancarias mantidas cos seus clientes.

    2. Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.

    3. Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado fin.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser segregado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de segregar ou de segregarse.

    2. secreción.

      1. Separación de persoas por razón de raza, condición social, sexo e outros motivos dos demais membros dunha comunidade.

      2. Medida hixiénica dos países tropicais que consiste en illar ou separar aos inmigrantes dos indíxenas.

      3. segregación racial /

        Tipo de racismo que consiste na separación dentro dunha comunidade de persoas dunha ou máis etnias.

    3. Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.

      1. Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen, que fai que o metal que cristaliza primeiro dea zonas máis puras.

      2. Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina favorable á segregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao segregacionismo.

    2. Partidario ou seguidor do segregacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Separar ou illar algo ou a alguén para que quede fóra doutra cousa ou do conxunto do que formaba parte.

      2. Separar da masa poboacional dun país grupos étnicos ou relixiosos diferenciados aplicándolles unha lexislación especial, a miúdo desfavorable, respecto á que lle é aplicada aos outros cidadáns.

    1. Producir un órgano ou unha glándula unha secreción.

    2. Illarse ou afastarse de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr que, ademais de executar e cantar, compoñía cantigas. O termo empregouse na segunda metade do s XIII e a maior parte das súas mencións están en composicións satíricas dos cancioneiros quiñentistas, como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.838 h [2001]). Destacan os cultivos de árbores froiteiras, cereais e forraxe. Ten importancia a cría de gando e o avecío.

    VER O DETALLE DO TERMO