Artesa de Segre
Artesa de Segre
Municipio da provincia de Lleida, na comarca da Noguera, situado á beira do río Segre (3.068 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Dentro dos sectores produtivos destaca a gandería do porcino. A destilación de alcohol, a fabricación de fariña e a industria da madeira tamén teñen a súa importancia.