"Sempre en Galicia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO