"Serxio" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • GALICIA

    Eclesiástico e doutor en Filoloxía Clásica. Foi profesor na Universidade de Santiago e escribiu Corpus Marianum Patristicum e El ritmo prosaico hispanolatino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Sergius, antigo nome dunha familia romana, probablemente de orixe etrusca malia a interpretación de Virxilio (de Sergestus, guerreiro troiano), da que formou parte Lucio Serxio Catilina, contrincante político de Cicerón, e a quen este mandou perseguir e matar baixo a acusación de preparar un golpe de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (610-638). Conselleiro de Heraclio, durante a ausencia deste administrou o imperio. A súa formulación do monotelismo, apoiada polo Papa Honorio I, foi finalmente condenada polo Concilio de Calcedonia (681).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca da Igrexa Rusa (1943-1944). Ocupou diversos cargos e en 1943, coa autorización do goberno, puido ser elixido patriarca. Intentou sempre mellorar as relacións da Igrexa Rusa co goberno soviético, actitude que moitos atilaron de subxección ao réxime comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. Fillo de boiardos, iniciou (1334) unha vida eremítica nos bosques preto de Radonež. Monxe (1337), cambiou o nome de Bertomeu polo de Serxio e fundou, cara a 1340, o mosteiro da Santísima Trindade a uns 60 km de Moscova na actual Zagorsk, onde chegou a sacerdote en 1344. A súa reforma monástica (introduciu a vida comunitaria) atopou moitas resistencias e el mesmo se afastou do mosteiro, ata que se lle rogou regresar (1358-1362). Considerado santo nacional de Rusia, foi canonizado en 1422. A súa festividade celébrase o 25 de setembro, recoñecida tamén pola Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (687-701). De ascendencia siria, sucedeu ao Papa Conón e puxo fin ao cisma de Aquilea. Favoreceu as empresas misioneiras dos reis francos. Foi perseguido por Xustiniano II porque se negou a subscribir as decisións do Concilio de Trullo (691). A súa festividade celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (844-847). Nobre romano, á morte de Gregorio IV, foi elixido papa polos nobres, mentres o pobo aclamaba o diácono Xoán. Tivo que demostrar a validez da elección diante de Luís, fillo de Lotario I, e que recoñecer a necesidade da confirmación imperial para a consagración papal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (904-911). Nobre romano, bispo de Cere (893), foi xefe do partido antiformosiano. Responsable da morte do Papa Teodoro II (897), sucedeuno, facendo caso omiso da elección simultánea de Xoán IX. Coa axuda de Alberico I de Spoleto e do senador Teofilacto, desfíxose do novo Papa León V e do competidor Cristovo. Xa papa, anulou todas as disposicións dos papas adversarios. O seu fillo, que tivo de Mazoria, filla de Teofilacto, foi o futuro Xoán XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1009-1012). De nome Pietro Boccadiporco, non puido subtraerse ao poder dos Crescenzi, que forneceron os tres papas seguintes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Xunto co seu compañeiro Baco, sufriu martirio baixo a persecución de Diocleciano. A tradición di que forón oficiais das tropas romanas destacadas na fronteira oriental. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO