"Sesto" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Relativo ou pertencente ao ano de 366 días, no que o mes de febreiro ten 29 días no canto de 28. A reforma gregoriana do calendario estableceu a seguinte matización: son anos bisestos os designados por un número divisible por catro, agás os seculares que só serán bisestos se son divisibles por catrocentos (p ex: o ano 1900 non é bisesto, pero o 1900 e 2000 si). OBS: Este adxectivo úsase exclusivamente na expresión ano bisesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote franciscano. Emigrou a Arxentina, onde ingresou na orde franciscana. Foi mestre de postulantes e profesor de sagrada escritura e linguas orientais en Córdoba, onde fundou o movemento xuvenil Juventud Antoniana. En 1930 foi nomeado vicario capitular de Catamarca e en 1934 formou parte da delegación arxentina no Congreso Eucarístico Internacional. Traballou a prol dos emigrantes galegos na Arxentina, aos que axudaba a encontrar traballo, e foi un gran difusor da cultura galega. En outubro de 1926 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Códice, texto ou documento escrito sobre o mesmo soporte despois de borrar o texto primitivo. Os da Idade Antiga e os medievais debéronse tanto á perda de interese polo texto inicial como á escaseza de pergameo novo para escribir. A limpeza do pergameo facíase cun líquido que esvaecía a tinta ou rascando a escritura. Destacan os de M. T. Cicerón, Aulo Gelio e Caio na Antigüidade tardía. Na Idade Media foron máis frecuentes. No s XIX, cando comezou a descubrirse este feito, a súa lectura facíase pintando o pergameo con ácido gálico, que ao pouco tempo se volvía fusco e destruía o pergameo. Modernamente utilizouse a luz ultravioleta.

    2. Táboa pequena en que se podía borrar o escrito para volver escribir nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Integrante da Xeración do 36, estudou dereito na universidade compostelá e participou na fundación do Partido Galeguista e das revistas Acción e Cristal. Emigrou a Venezuela, onde exerceu como profesor de artes plásticas. Colaborador das revistas Logos e Spes, ilustrou diversos libros, como Nao senlleira (1933), de Bouza Brey, El Libro de Santiago (1948), de Filgueira Valverde, e Da estrela e da fouce (1967), de Sesto Novás. É autor do poemario A lúa está ehí (1972), do opúsculo Pranto a Chariño (1975) e dun Refraneiro da muller (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, arquitecto e político. Integrante do grupo dos Novísimos, participou no movemento estético socialrealista da década de 1960, aínda que co tempo a súa obra foi adquirindo trazos máis persoais. Emigrado a Venezuela (1962), exerceu como catedrático de Deseño Arquitectónico da Universidad Central de Caracas e cofundou o grupo de esquerda “La Causa R” (1971), co que participou activamente na política dese país, e foi nomeado ministro de Cultura da República Bolivariana de Venezuela (2004). Dos seus deseños arquitectónicos destacan o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela ou a Plaza del Bicentenario. É autor de Da estrela e da fouce (1967) e UPGpoemas (1973), escritos e difundidos na clandestinidade; Porta aberta (1976), Por unha muller (1976), de carácter amoroso; Isolda. Porta Aberta (1990), La más nueva poesía de Venezuela (1981), unha falsa escolma escrita por el mesmo en castelán; Arte poética. Poema...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Milán, Lombardia, Italia (75.421 h [2001]). É un centro industrial do sector nororiental da área metropolitana de Milán, da que dista uns 9 km. A principal rama industrial é a de fundición de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Emigrou a Puerto Rico (1895) e instalouse en México en 1901. Foi profesor de lingua e literatura castelá na Universidad Central de México. Colaborou en El Imparcial, Blanco y Negro e outros xornais, e fundou a editorial El Libro Español SA e a revista Tricolor. Escribiu Azulejos: poesías (1914), Las abejas del Rosal: cuentos de la Galicia pintoresca y de la complicada y primitiva raza de los celtas (1928) e Alboradas: o libriño da i-alma (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte sólida de material en suspensión, obtida por filtración ou sedimentación da auga mariña ou continental e na que se distinguen o plancton, parte viva constituída por organismos, e o tripton, fracción sen vida e formada por detritos e partículas minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO