"Severino" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en periodismo pola Universitat Autónoma de Barcelona en 1987. Director da RNE en Galicia e profesor na facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional nas emisoras locais de Antena 3 Radio, Cadena SER e RNE en Vigo. Posteriormente, trasladouse a Santiago de Compostela para traballar na Radio Autonómica Galega. Foi tamén director territorial de RNE Galicia e delegado territorial de RTVE en Galicia. Amais, exerceu como correspondente do Diari de Barcelona, de TVE, e da axencia EFE en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Agrupación Socialista de La Habana na primeira década do s XX, foi expulsado de Cuba en 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. No 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE no 1921 e presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. Na Guerra Civil incorporouse á UGT e formou parte da Executiva Federal no exilio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Foi presidente de ACTEMSA e Escurís, e fundador de Tunaliment SA e Cartogal (Cartón Galicia SA). Recibiu a medalla ao mérito do traballo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo. Membro da Compañía de Xesús, doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. Foi catedrático na Universidad Pontificia de Comillas e profesor de dogma na Pontificia Universidad de Salamanca. Colaborou en Gregorianum, Revista de Espiritualidad, Revista Española de Teología e Estudios Eclesiásticos, e escribiu Miscelánea Comillense (1948) e La penitencia en la primitiva Iglesia Española (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe feudal, unha das sete máis importantes do Reino de Nápoles polos grandes feudos que reuniu e polos personaxes ilustres que deu. Ten por xenearca ao normando Turgisio, compañeiro (1045) de Robert d’Hauteville, conde de Puglia-Calabria, que lle deu a señoría de Sanseverino. En 1463 formáronse as dúas grandes liñas da liñaxe: a liña primoxénita dos condes de Marisco e príncipes de Salerno, que se extinguiu á morte de Ferrante de Sanseverino (1507-1568), e a liña dos condes de Tricarico e príncipes de Bisignano, que extinguida en 1606 pasou á rama dos condes de Saponara, que se extinguiu en 1888. Por graza real os títulos foron herdados polos descendentes da filla do derradeiro príncipe de Bisignano, que pasaron a apelidarse Costa-Sanseverino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Severinus, derivado de Severus, adaptado ao galego coa forma Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (640). Sucesor do Papa Honorio I, foi elixido en 638 pero non foi consagrado ata 640.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eremita. Estableceuse en Nórica en 454. Atribúenselle diversos feitos milagrosos como a provocación dun terremoto que fixo fuxir os hunos ou a desaparición dunha praga de lagosta. Tiña e outorgaba o poder da curación. As súas reliquias venéranse en Nápoles. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO