"Slesvig" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CIDADES

    Cidade do land de Slesvig-Holstein, Alemaña, situado ao NO de Kiel (29.798 h [1980]). É un porto pesqueiro moi destacado á beira do Mar Báltico, no fondo do fiorde de Schlei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Alemaña, situada no sector meridional da península de Xutlandia, prolongación da chaira alemá, entre o mar do Norte e o Báltico. É unha rexión agrícola e gandeira, onde Flensburg é o centro máis importante. O territorio foi ocupado polos daneses, anglos e xutos. Ameazados por Carlomagno, construíron o Dannevirke, un muro de terra que unía a desembocadura do Sli coa do Eider, e reforzárono ao L co porto fortificado de Haithabu (Slesvig). O Emperador Enrique I obrigou ao príncipe de Slesvig a aceptar a cristianización do seu país e constituíu unha marca xermánica entre o Sli e o Eider, pero o Emperador Conrado II abandonouna aos daneses (1030) e en 1115 converteuse en ducado. Ao extinguirse a primeira dinastía ducal de Slesvig (1375), o conde Enrique II de Holstein de Rendsburg incorporou o ducado aos seus dominios. Cando se extinguiu (1460) a dinastía Holstein, os estados provinciais elixiron duque o Rei Cristián I de Dinamarca, coa condición de que ambos os dous territorios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land do N de Alemaña (15.765 km2; 2.790.000 h [estim 2001]). A súa capital é Kiel. Comprende o sector meridional da península de Xutlandia, desde a fronteira con Dinamarca ata o curso baixo do Elba, entre as costas do Mar Báltico e o mar do Norte, e tamén as illas de Sylt, Föhr e Amrum. As costas son baixas, con abundantes fiordes no sector báltico e con cordóns dunares e illas no sector do mar do Norte. Os recursos económicos son a agricultura, a gandaría, bovina e porcina e a pesca. Ten xacementos de petróleo, industrias siderúrxicas, construcións navais e mecánicas, de material eléctrico e alimentarias, localizadas en Kiel e en Lübeck. O territorio corresponde aos dous antigos ducados de Slesvig e Holstein, unidos baixo o reinado de Cristián I de Dinamarca. Todos os reis de Dinamarca foron duques de Slesvig-Holstein ata a morte de Federico VII (1863) sen parentes próximos agnados. Os esforzos dos reis de Dinamarca por incorporar efectivamente os ducados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título, correspondente á unión dos ducados de Slesvig e de Holstein, que levaron todos os reis de Dinamarca desde Cristián I (1460) ata Federico VII (1863). Da casa ducal de Slesvig-Holstein saíron diferentes liñas ducais. O duque Adolfo I de Holstein-Gottorp (?-1586). O duque Federico III de Holstein-Gottorp (?-1659) declarouse independente de Dinamarca. Del descenden Adolfo Federico de Holstein-Gottorp (quen en 1571 se converteu no Rei Adolfo Federico II de Suecia e orixinou a dinastía dos Wasa-Holstein-Gottorp, que reinou ata 1814), Federico Augusto de Holstein-Gottorp (?-1785), que formou a rama dos grandes duques soberanos de Oldenburg e o duque Carlos Pedro Ulrico I de Holstein-Gottorp (?-1762), que en 1762 se converteu no Tsar Pedro III de Rusia. A liña de Slesvig-Holstein-Sonderburg orixinouse en 1582 co duque Xoán I de Slesvig-Holstein-Sonderburg o Novo (?-1622), irmán do Rei Federico II e o duque Alexandre I de Slesvig-Holstein-Sonderburg (?-1627). Dividiu os...

    VER O DETALLE DO TERMO