"Soči" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se tira do prelo en Vigo en novembro de 1911 como “Quincenario del Círculo Obrero Católico”, órgano dos sindicatos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Mondoñedo entre o 1 de novembro de 1918 e o 1 de agosto de 1930, cando chegaba ao seu número 279. Foi subtitulada “Revista quincenal, órgano del Centro de Acción Social Católica”. Dirixida por Antonio Maseda Bouso, actuaron como redactores-xefe Enrique Costas Márquez, Vicente Saavedra e Xosé Trapero Pardo. Tiña unha clara tendencia tradicionalista e incluía informacións sobre política, agricultura, leis, asuntos sociais, actualidade e novas da entidade. Colaboraron con ela Aurelio Ribalta, Rof Codina, Xoán Armada e Enrique Mª Santos, entre outros. Nunha das súas seccións, “Sección Literaria”, difundíanse textos en castelán e poemas en galego de Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Mª da Fuente, e o himno agrario traducido ao galego de Rafael Martínez. Continuará o seu labor en Galicia social agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación titulada como “Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos” aparecida en Forcarei en 1923, que rematou a súa edición coa ditadura de Primo de Rivera. De tendencia agrarista, foi fundada e dirixida por Xosé Mª Cabadas Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado polo PSOE da Coruña durante a Segunda República. Saíu á luz o 21 de setembro de 1931 coa “dobre misión de difundir as doutrinas socialistas e evitar os atropellos de que era obxecto a clase traballadora”. As súas páxinas, nas que colaborou a militancia máis coñecida, reflectiron un talante moderado favorable á colaboración cos grupos republicanos, maioritarios no concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus bracarense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba o val do Támega, contra a antiga Aquae Flaviae (actual Chaves, Portugal). Debido a dúbidas e discrepancias entre os diferentes estudiosos dos populi, este pobo aparece ás veces co nome de naebisocios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual de tendencia católica aparecida en Santiago de Compostela en 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira socialista da vila de Viveiro. No ano 1904 contaba con 14 afiliados. Mantivo un gran labor propagandístico e organizou unha folga que mantivo paralizadas ás minas da Silvarosa e Choupín durante máis dun mes. As demandas que reclamaban ao sector patronal eran: aumento de salario, melloras nas condicións de traballo e seguridade na mina. Desapareceu á altura do 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima francesa, fundada en 1902, coa finalidade de explotar industrialmente o procedemento de liquefacción do aire, concebido por Georges Claude. No estado español é o principal produtor de gases industriais a través da Sociedad Española del Oxígeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en Ferrol o 1 de outubro de 1900 e constituída inicialmente como ronda de pulso e púa. Os seus membros fundadores foron: Antonio Quero, Mario Rodríguez Trigo, Xoán Xosé Cabarcos, Xoán A. Martínez, Ramón Picos, Luís Díaz, Constantino González Gómez, Xosé Llanos, Xosé de los Ríos, Xosé Lage Pedreira e Antonio Seoane Pampín como director da rondalla. O 20 de xaneiro de 1901 fai a súa presenza oficial cun concerto na cidade de Ferrol, como “saludo a las autoridades, prensa local y sociedades de recreo”. O 28 de setembro viaxou por primeira vez á cidade da Coruña invitada polo Círculo de Artesáns. Catro anos máis tarde, o 13 de agosto de 1904, obtivo o 1º premio no certame de rondalllas celebrado tamén na Coruña. O 5 de maio de 1905 acudiron a Madrid para tomar parte nas festas celebradas co gallo do terceiro centenario do Quixote. Alí a rondalla actuou no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Ateneo e Centro galego. En outubro de 1906 obtivo o 1º premio do Concurso Nacional de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • American Rocket Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.

    VER O DETALLE DO TERMO