"Soledad" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, foi profesora no Centro de Estudios Universitarios (CEU) do 1969 ao 1971 e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Sevilla no 1970. Así mesmo, foi deputada da Unión de Centro Democrático (UCD) por Sevilla nas lexislaturas iniciadas no 1977 e no 1979, ocupando o cargo de ministra de Cultura nos anos 1981 e 1982. Tralo seu ingreso no Partido Popular, foi deputada electa por Sevilla nas lexislaturas de 1989 e 1993 e alcaldesa de Sevilla entre o ano 1995 e o 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautora. Trasladouse coa súa familia a Venezuela. Abandonou os seus estudios na Universidad Central de Venezuela e comezou na televisión participando no programa Buenos días. En 1968 editou o seu primeiro álbum, Soledad Bravo canta. Os seus discos recollen a tradición hispanoamericana e temas de carácter social. A súa consagración tivo lugar trala súa participación no Festival Popular de Agua Dulce de Lima. Traballou xunto a numerosos artistas como Chico Buarque, Pablo Milanés, Manolo Sanlúcar, Milton Nascimento, Joaquín Sabina ou Silvio Rodríguez e musicou poemas de Mario Benedetti, León Felipe, Luis Cernuda e Rafael Alberti. Entre as súas gravacións salientan: Flor de cacao (1978), Cantos sefardíes (1980), Caribe (1982), Boleros (1991) e o dobre recompilatorio Lo mejor (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada en 1967 por Gabriel García Márquez, escritor colombiano galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1982. De técnica depuradísima, narra as vicisitudes da familia Buendía Iguarán ao longo de cen anos de soidade. José Arcadio Buendía e Úrsula Iguarán, curmáns e esposos, viven un amor marcado pola desgracia, xa que están expostos a ter como descendencia unha iguana, do mesmo xeito que lles ocorrera a un tío de José Arcadio e a unha tía de Úrsula, que tiñan a mesma relación de parentesco. Esta, temerosa da profecía, mantense virxe, feito que provoca as burlas dun amigo de José, Prudencio Aguilar. Ao non aturar máis a situación, José Arcadio mátao e esa mesma noite mantén relacións coa súa dona. Ante as continuas aparicións do espectro do morto, deciden fuxir e comezan unha peregrinación que rematará, tras varios anos, en Macondo. Da súa unión nacerán dous fillos, un que veu ao mundo durante a peregrinación, ao que chamaron como o pai, e Aureliano, coronel guerrilleiro e promotor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultora. Estudou na Escola de Artes Aplicadas da Coruña e ampliou estudos no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos (1979). Recibiu diversas bolsas para ampliar a súa formación en Italia e Minessota. Especializada en cerámica, posteriormente decantouse pola escultura en ferro con gran dominio da xeometría e da fusión de planos e polígonos. Da súa produción destaca Gardiáns, situada no Parque Escultórico da Torre de Hércules, e o Monumento a José Quiñones en Porto do Son. Recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Traballou como xornalista e na súa obra evolucionou desde a preocupación polo perspectivismo ata a recuperación dun realismo clásico. É autora dos libros Una enfermedad moral (1983) e das novelas El bandido doblemente armado (1979, Premio Sésamo), Burdeos (1986), Queda la noche (1989, Premio Planeta), Días del Arenal (1992), La vida oculta (1993, Premio Anagrama de Ensayo), Gente que vino a mi boda (1998) e Con mi madre (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Atlántico, Colombia, situada xunto ao río Magdalena, a 20 km da desembocadura (295.058 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO