Bravo, Soledad

Bravo, Soledad

Cantautora. Trasladouse coa súa familia a Venezuela. Abandonou os seus estudios na Universidad Central de Venezuela e comezou na televisión participando no programa Buenos días. En 1968 editou o seu primeiro álbum, Soledad Bravo canta. Os seus discos recollen a tradición hispanoamericana e temas de carácter social. A súa consagración tivo lugar trala súa participación no Festival Popular de Agua Dulce de Lima. Traballou xunto a numerosos artistas como Chico Buarque, Pablo Milanés, Manolo Sanlúcar, Milton Nascimento, Joaquín Sabina ou Silvio Rodríguez e musicou poemas de Mario Benedetti, León Felipe, Luis Cernuda e Rafael Alberti. Entre as súas gravacións salientan: Flor de cacao (1978), Cantos sefardíes (1980), Caribe (1982), Boleros (1991) e o dobre recompilatorio Lo mejor (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Logroño