"Sting" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • Grupo editorial, de radio e televisión norteamericana. Fundada no ano 1943, é unha das canles privadas máis importantes dos EE UU. En 1985 foi adquirida por Capital Cities e en xullo de 1995 adquiriuna a compañía Disney. A súa central está na cidade de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico que exerceu en Londres e Ghana. No ano 1951 fundou e accedeu á xefatura do Nyasaland African National Congress (NANC, posteriormente Malawi Congress Party) para loitar contra o dominio da minoría branca na Federación de África Central (1953-1963); por estas actividades estivo preso entre 1959 e 1960. De 1961 a 1963 foi primeiro ministro e ministro de Recursos naturais do goberno local de Nyassalandia. No ano 1966, trala independencia, foi o primeiro Presidente electo da República de Malawi (nome que adoptou Nyassalandia nese momento). No ano 1971 autoproclamouse Presidente vitalicio e instaurou un réxime de partido único, personalista e autoritario. No 1993, debido á forte oposición interna e á presión internacional, restableceu o multipartidismo e convocou eleccións democráticas en 1994, nas que foi derrotado por Bakili Muluzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo oficial da radiodifusión e televisión do Reino Unido, creado no 1927 para suceder a British Broadcasting Company (1922). Detenta o monopolio da radiodifusión e, ata o 1954, o da televisión. As súas emisións cubriron todo o mundo. Tivo un papel notable durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de selección de modelos, figurantes ou actores para unha campaña de publicidade ou para participar na realización dun programa de televisión, dun espectáculo ou dunha película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Membro da escola neoclásica de economía, en 1933 formulou o concepto de competencia monopolista na súa obra The Theory of Monopolistic Competition (A teoría da competencia monopolística).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder a cor ao que está tinguido.

    2. Perder a tinguidura ou a cor unha cousa que estaba tinguida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reparo que alguén alega para non asentir totalmente a algo.

    2. Distinción lóxica nunha proposición con dous sentidos, dos que un se concede e outro se nega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode distinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distinguir ou distinguirse.

    2. Que é moi refinado no seu aspecto ou nos seus modais.

    3. Que se distingue entre os da súa clase ou profesión por ser moi bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diferenciar unha persoa ou cousa entre outras.

    2. Facer que unha persoa ou cousa se diferencie doutra ou doutras.

    3. Constituír algunha cousa o factor que permite diferenciar unha cousa ou unha persoa doutra.

    4. Mostrar preferencia ou estimación especial por unha persoa.

    5. Percibir algo de forma clara polos sentidos.

    6. Conceder a unha persoa algo que o honre por algún mérito ou como mostra de respecto. OBS: Con este significado rexe preposición con.

    7. Considerar cousas de forma separada establecendo diferencias entre elas.

    8. Diferenciarse unha persoa ou cousa doutra ou doutras por algunha característica.

    9. Sobresaír algo ou alguén por riba dos demais grazas a unha calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo social. Despois de doutorarse en psicoloxía na University of Iowa (1942), traballou no Massachusetts Institute of Technology. En 1968 trasladouse ao New School for Social Research. Foi coñecido polos seus traballos sobre a comunicación informal, a comparación social e, especialmente, a disonancia cognitiva. Cómpre destacar as súas publicacións A Theory of Cognitive Dissonance (1957), onde expón a súa teoría da disonancia cognitiva, que revolucionaría o campo da psicoloxía social e que tivo múltiples aplicacións en áreas como a motivación e a dinámica de grupos, e Conflit, Decision and Dissonance (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira merional da ría de Corme e Laxe, situada no litoral da parroquia de Canduas, concello de Cabana de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de East Sussex, Inglaterra, Reino Unido (81.100 h [estim 1986]). Situada ao SL de Londres, á beira do estreito de Dover, foi un importante porto comercial durante a Alta Idade Media. No s XVIII converteuse nun importante centro balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron o 14 de outubro de 1066 as tropas do Rei Harold II de Wessex e as de Guillerme II de Normandie. Trala derrota de Harold II, Guillerme proclamouse rei de Inglaterra co nome de Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador inglés ao servizo da Compañía das Indias. Gobernador xeral de India (1774), transformou Bengala nunha auténtica colonia. En 1785 dimitiu do cargo a causa das medidas obstaculizadoras ao seu traballo tomadas contra el en Inglaterra baixo a presión dos whigs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode distinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asemblea do pobo das terras escandinavas ata a Idade Media.

    2. Cámara alta do Parlamento danés desde 1849 a 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Discípulo de G. Elvey, realizou o seu primeiro traballo orquestral en 1878. Dirixiu o Royal College of Music (1894-1918) e foi o autor de música sobre obras de J. Milton, de cinco sinfonías, oratorios e obras corais, das que destacan Prometheus Unbound (1880) e Magnificat (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua de area ou pedra que se prolonga desde o litoral costeiro ou a beira dun río ata dentro deles.

    2. Faixa litoral que parte dun extremo dunha baía e que ao unirse con outra, formada na parte oposta,  dá lugar a unha barra continua de area ou cordón litoral, que separa a baía do mar aberto.

    3. Banco de area ou pedras en mar aberto.

    4. Bosque tropical, xerofítico e de sabana, propio do litoral de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gordon Matthew Sumner.

    VER O DETALLE DO TERMO