"Sula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
PENÍNSULAS
Península das Islas Canarias, no extremo NL da illa de Tenerife. Formada principalmente por rochas basálticas antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península da Antártida que separa o mar de Weddell do mar de Bellingshausen. Coñecida tamén polo nome de Terra de Graham, península de Palmer ou Terra de O´Higgins, ten 1.500 km de lonxitude e culmina a 4.171 m de alt. Tectonicamente e petrograficamente é continuación da cordilleira andina, que se prolonga por debaixo do océano polo Scotia Ridge. Parte deste territorio podería ser de carácter insular, soldado hoxe con inlandsis. A península sufriu dobramentos e fracturacións que conformaron as tres aliñacións montañosas que a percorren. O litoral é moi recurtado, con numerosos fiordes, illas e canais onde afloran algunhas rochas eruptivas (principalmente basaltos). Cara ao mar de Weddell esténdese a Terra de Coats; nesta área o glaciarismo é moi notable. O Reino Unido, Arxentina e Chile reivindican a súa soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península da República de Acerbaixán, que se interna no mar Caspio. É a prolongación do Gran Cáucaso, e ten un relevo de costas baixas e areosas, xunto cun núcleo central onde se atopan numerosas explotacións de petróleo e gas natural. O principal núcleo de poboación é Bakú.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atlas lingüístico de tres linguas románicas peninsulares: catalán, castelán e portugués. Foi publicado o primeiro volume en Madrid en 1962 polo CSIC. O seu director foi Tomás Navarro Tomás, quen coordinaba un grupo numeroso de colaboradores. Suprimiu as cidades e dedicou unha atención especial ás vilas arrecantadas, inmunizadas fronte a contaminacións lingüísticas. Cada área idiomática foi investigada por varios lingüistas, agás o territorio galego, do que se encargou case totalmente o investigador galego Aníbal Otero. Cando comezou a Guerra Civil no ano 1936, Aníbal Otero e Nobre de Gusmão iniciaron as investigacións en Portugal para facer constar as variedades do norte portugués. O exilio obrigou ao seu director a establecerse en Nova York e, posteriormente, na década dos 50, entregou todo o material ao CSIC para que continuase o seu labor investigador. O ALPI foi un punto de partida moi importante para a xeografía lingüística na Península e tamén para a lingua galega, xa que Aníbal Otero...
-
PENÍNSULAS
Península de Panamá na costa do Pacífico, tamén coñecida como Península Los Santos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
A máis oriental das tres penínsulas meridionais de Europa, ocupada polos estados de Albania, Grecia, Bulgaria, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina, Iugoslavia, Macedonia e o territorio europeo de Turquía. O seu límite setentrional está formado pola terminación oriental dos Alpes centrais, a planicie húngara e a cunca do Danubio. Está rodeada polos mares Adriático, Xónico, Exeo, de Mármara e Negro. A península está constituída por un núcleo central flanqueado por serras de dobramento alpino: os Alpes Dináricos e os montes Balcáns. Os ríos da península son xeralmente curtos e teñen que franquear as montañas por desfiladeiros fondos. As costas son moi recurtadas, especialmente as dos mares Adriático, Xónico e de Mirto, bordeadas por numerosas illas. A flora da Península Balcánica é unha das máis ricas de Europa. A fauna é unha mestura de tres elementos principais: as formas mediterráneas dominan ao S e ao SO, as especies de estepa orixinarias de Asia atópanse nas terras baixas do L e no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península de Nova Zelanda, na costa oriental da illa do Sur (1.165 km2 de superficie). É unha rexión montañosa formada por rochas volcánicas, con vales onde se acumula o loess.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Arousa, ao S, e de Muros e Noia ao N. Está constituída basicamente por rochas graníticas de diferentes tipos e xistos, principalmente hercínicas e tardihercínicas. Administrativamente está dividida nos concellos de Noia, Lousame, Rianxo, Boiro, o Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira biblioteca de carácter público creada na cidade da Coruña. Foi fundada en agosto de 1806 por un cóengo compostelán, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado e importante economista da súa época, así como un dos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela; realizou o discurso de apertura José Lucas Labrada. Este cóengo destinou para a creación da biblioteca unha importante cantidade de cartos, amais da súa biblioteca particular. Esta biblioteca ten un fondo xeral composto por volumes, revistas antigas e folletos, e posúe obras dos ss XVI a XIX, moitas delas de temática económica. Outros fondos chegaron grazas a doazóns, como a biblioteca de Xosé Cornide, ou a legados, como os libros e mobles da condesa de Mina, Juana de Vega, unha das principais organizadoras dos Xogos Florais de Galicia. Así mesmo, cómpre salientar a importante colección de gravados gardados no seu interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.
-
PENÍNSULAS
Península da costa atlántica dos EE UU, no estado de Massachusetts, ao SO de Boston. Separada do continente pola canle do Cabo Cod, é navegable desde o ano 1914. Destaca pola súa actividade comercial o porto de Provincetown.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Calquera cousa que teña forma de recipiente ou caixa pequena ou mesmo de bolsa.
-
-
Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos. Poden presentala moitas bacterias, diversas algas, radiolarios, etc.
-
cápsula mucosa
Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias, con estrutura homoxénea de baixa densidade e grosor variable, composta xeralmente por algún polisacárido de aspecto mucoso. Utilízase para a produción industrial de axentes xelificantes ou viscosos a partir de microorganismos.
-
-
-
Membrana que envolve un órgano ou parte dun órgano, como a cápsula adiposa do ril, que o envolve e o sostén; a cápsula de Bowman, que envolve o glomérulo renal; a cápsula de Glisson, que envolve o fígado, etc.
-
cápsula articular
Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.
-
cápsula externa
Capa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.
-
cápsula interna
Capa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico, por unha parte, e o núcleo lenticular, por outra. Ten un brazo anterior e un posterior. Por ela pasan as vías piramidais motoras procedentes dos centros corticais e as vías sensitivas ou cinta de Reil. A súa lesión provoca a hamiplexia máis común, chamada capsular.
-
cápsula suprarrenal
Glándula suprarrenal.
-
-
...
-
-
-
Acción de capsular unha botella.
-
Acción de colocar os medicamentos en cápsulas.
-
-
-
de capsular.
-
Aplícase ao microorganismo provisto de cápsula.
-
-
-
Que serve para capsular.
-
-
Persoa que pecha as botellas ou os frascos con cápsulas, especialmente aquelas que traballan en industrias farmacéuticas e de bebidas.
-
Persoa que prepara os comprimidos ou cápsulas.
-
-
-
Máquina ou aparello para poñer as cápsulas sobre o tapón e pechar as botellas.
-
Aparello ou dispositivo empregado para dosificar e encher as cápsulas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pertencente ou semellante a unha cápsula.
-
-
Pechar con cápsulas as botellas ou frascos.
-
Preparar un medicamento en cápsulas.
-
-
-
estimenta aberta polos lados, que dende os ombreiros cae por diante e por detrás das coxas, colocada por riba doutros ornamentos do sacerdote para celebrar a misa. Na súa orixe foi un manto redondo cun furado no centro para pasar a cabeza, decorado unicamente cunha cruz na parte de diante. A súa cor varía segundo as diferentes festividades e tempos litúrxicos: branca, vermella, verde, morada, rosa, negra ou azul. No s XVI adoptou a forma de escapulario.
-
Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.
-
Bráctea que recobre a espiga do millo.
-
Correa de coiro ou de ferro, normalmente con forma de carapucha, que vai atada no extremo do mallo, para suxeitar a mangueira e a pértega.
-
Cada unha das celas que forman a colmea das abellas.
-