casula
(
-
s
f
[RELIX]
estimenta aberta polos lados, que dende os ombreiros cae por diante e por detrás das coxas, colocada por riba doutros ornamentos do sacerdote para celebrar a misa. Na súa orixe foi un manto redondo cun furado no centro para pasar a cabeza, decorado unicamente cunha cruz na parte de diante. A súa cor varía segundo as diferentes festividades e tempos litúrxicos: branca, vermella, verde, morada, rosa, negra ou azul. No s XVI adoptou a forma de escapulario.
Sinónimos: casulla. -
s
f
Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.
Ex: Botoulle ó porco as casulas dos chícharos.
Sinónimos: casulla, casulo, caxiga, cornella, cornello, cosco, gaxa, vaíña, vaxa, cosco. Confrontacións: tegumento. -
s
f
Bráctea que recobre a espiga do millo.
Sinónimos: caracocha, carocha, carrupa, casulla, casulo, cosco, panoia, poma, follato, cosco. -
s
f
Correa de coiro ou de ferro, normalmente con forma de carapucha, que vai atada no extremo do mallo, para suxeitar a mangueira e a pértega.
Sinónimos: casoma, casulla, casulo, cidoiro, cizoiro, entrecarto, meán, xunguidoira. -
s
f
Cada unha das celas que forman a colmea das abellas.
Sinónimos: casulla, casulo, entena, favo.