cosco

cosco
  1. s m
    1. Bráctea que recobre a espiga do millo.

      Sinónimos: caracocha, carocha, carrupa, casula, casulla, casulo, poma, follato.
    2. Cuberta vexetal que recobre as sementes dos legumes, do liño e dos cereais.

      Sinónimos: casula, casulla, casulo, caxiga, cornecha, cornella, vaíña, vaxa.
    3. Envoltura fina que recobre a castaña por debaixo da casca.

      Sinónimos: tona.
  2. s m

    Enfermidade que ataca os cereais.

  3. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Coleóptero da familia dos carábidos.

  4. s m [ANIMAL]

    caracol.

Frases feitas

  • Saír do cosco. Perder a timidez e adquirir experiencia. Ex: Acaba de saír do cosco e xa non hai quen lle pare os pés.

Palabras veciñas

Coscinodiscus | coscinomancia | cosco | cosco | COSE | cosec | cosecante