coscinomancia

coscinomancia

(< grκόσκινον ‘criba, peneira’+ -mancia)

s f [ESOT/ETN]

Adiviñación que se efectúa empregando unha peneira. Un dos métodos máis utilizados en Galicia consiste en que unha persoa especializada, tras abrir unhas tesoiras e pendurar da súa punta unha peneira, pronuncie ditos do xeito de “co poder de Deus e das areas do mar/dime, peneiriña, que che hei preguntar” e, despois, a persoa preocupada polo futuro concentra o pensamento no que desexa saber. A peneira indica resposta afirmativa ao se decantar á dereita ou co simple movemento, mentres que a quietude ou o xiro á esquerda son sinal da negación.

Palabras veciñas

Coşbuc, George | coscas | Coscinodiscus | coscinomancia | cosco | cosco | COSE