cosco

cosco
  1. O Contorno Común de Software Aberto é un consorcio de fabricantes de sistemas operativos UNIX, creado para especificar estándares comúns que permitan a interoperabilidade das súas plataformas.

  2. s m
    1. Bráctea que recobre a espiga do millo.

      Sinónimos: caracocha, carocha, carrupa, casula, casulla, casulo, poma, follato.
    2. Cuberta vexetal que recobre as sementes dos legumes, do liño e dos cereais.

      Sinónimos: casula, casulla, casulo, caxiga, cornecha, cornella, vaíña, vaxa.
    3. Envoltura fina que recobre a castaña por debaixo da casca.

      Sinónimos: tona.
  3. s m

    Enfermidade que ataca os cereais.

  4. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Coleóptero da familia dos carábidos.

  5. s m [ANIMAL]

    caracol.

Frases feitas

  • Saír do cosco. Perder a timidez e adquirir experiencia. Ex: Acaba de saír do cosco e xa non hai quen lle pare os pés.

Palabras veciñas

coscas | Coscinodiscus | coscinomancia | cosco | cosco | COSE | cosec