casulo

casulo

(

  1. s m [ZOOL]

    Cuberta máis ou menos ríxida que forman algúns animais, principalmente arácnidos, insectos e anélidos, co fin de recubrir o seu corpo total ou parcialmente. Adoita ter unha función protectora para o animal adulto e os seus ovos, como o saquiño sedoso no que as arañas gardan a posta. Serve tamén para que nela se produzan metamorfoses, como a que fabrican as eirugas de moitos lepidópteros e as larvas doutros insectos.

  2. s m

    Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.

    Ex: Cómpre tirarlle o casulo ás fabas.

    Sinónimos: casula, casulla, caxiga, cornella, cornello, cosco, gaxa, vaíña, vaxa, cosco. Confrontacións: tegumento.
  3. s m

    Follas que recobren a espiga do millo.

    Sinónimos: caracocha, carocha, carrupa, casula, casulla, cosco, panoia, poma, follato, cosco.
  4. s m

    Correa de coiro, normalmente con forma de carapucha, que vai atada no extremo do mallo para suxeitar a mangueira e a pértega.

    Ex: Rompeulle o casulo ó mallo e tivemos que pedir un prestado.

    Sinónimos: casoma, casula, casulla, cidoiro, cizoiro, entrecarto, meán, xunguidoira.
  5. s m

    Cada unha das celas que forman a colmea das abellas.

    Sinónimos: casula, casulla, entena, favo.

Palabras veciñas

casula | casuleiro -ra | casulla | casulo | casus belli* | casus foederis* | 1 cata