caracocha
caracocha
(
-
s
f
-
[BOT]
Tronco dunha árbore vella que aparece furado como consecuencia da desaparición da parte leñosa, principalmente pola acción de fungos.
Ex: Fomos ó monte á leña e non atopamos máis ca unha vella caracocha de castiñeiro.
Sinónimos: carocha. -
Oco que presenta o tronco dalgunhas árbores vellas.
Sinónimos: carocha.
-
[BOT]
-
s
f
[BOT]
Bráctea que cobre a mazaroca do millo.
Ex: Non era nada doado sacarlle as caracochas ás espigas que tiñamos que esfollar.
Sinónimos: carocha, carrupa, cosco, panoia, poma, follato, cosco.