caracol
(< lat cochlĕola, dim decochlĕa ‘cuncha’)
-
s
m
-
[ANIMAL]
Molusco gasterópodo terrestre e pulmonado que presenta unha cuncha protectora, univalva en espiral, xeralmente á dereita (dextrorsa) aínda que nalgunhas especies é á esquerda (sinestrorsa), na que o ápice contén a volta máis vella e de menor tamaño, e as seguintes de maior tamaño. A cabeza está ben diferenciada e ten dous pares de tentáculos; no primeiro leva os ollos. Na boca presenta unha rádula axeitada para unha dieta fundamentalmente herbívora. Sérvelles de pulmón unha porción do manto moi vascularizada que se abre ao exterior por un pequeno orificio chamado pneumostoma; preto del tamén se comunican co exterior o ano e o nefridioporo, por onde expulsa violentamente os refugallos co aire que sae. O sistema nervioso consta de ganglios: o cerebral, o pedial e o visceral. Desprázanse esvarando sobre un pé musculoso ancho e plano nunha secreción viscosa que facilita o movemento e, á vez, mantén a humidade do animal ao reducir a perda de líquido do corpo. Os caracois precisan dunha certa humidade ambiental e, por isto, adoptan hábitos predominantemente nocturnos, desprázanse entre as pedras no medio da vexetación ou logo de chover. No inverno e en épocas de seca, cando as condicións de dispoñibilidade de alimento, temperatura ou humidade, son adversas, o animal retírase ao interior da cuncha que pecha mediante un tabique ou epifragma, que fabrica con baba e secrecións calcarias do manto. Os caracois son hermafroditas insuficientes e reprodúcense por fecundación recíproca. Moitas especies lanzan un dardo calcario ao corpo da parella para aumentar a excitación antes da cópula; despois cada individuo deposita uns ovos redondos e moi brancos na terra, de onde nacerán pequenos caracois completamente formados. Son presa común de coleópteros e vertebrados, e hóspedes intermediarios para parasitos como os trematodos. A súa distribución está condicionada e restrinxida pola composición mineral do solo, temperatura, seca ou acidez, aínda que están presentes en lugares de grande altitude e nas rexións polares. En Galicia encóntranse os xéneros: Candinula, Carychium, Cepaea, Cernuella, Clausilia, Cochlicella, Cochlicopa, Columela, Discus, Elona, Euconulus, Helicella, Helix, Lauria, Oestophora, Otalia, Oxychilus, Ponentina, Portugala, Spermodea, Theba, Vertigo, Vitrea, Vitrina e Xerothicha. O seu consumo data xa dende as comunidades primitivas. Os romanos criaban caracois de terra. Son un prato habitual en Galicia os caramuxos ou bígaros, vianda mariña que ten como mellor época de consumo o verán. As especies terrestres carecen de arraigamento na cociña galega, aínda que gozan de aprecio noutras zonas, onde se consomen, previo desbabado en sal, principalmente escaldados e acompañados de diversos tipos de mollos e salsas, frecuentemente rustridos, aínda que tamén existen moitos outros tipos de preparación; a máis común de todas talvez sexa a chamada á borgoñona, cheos de manteiga, herbas aromáticas, allo, ceboliño e pirixel. Na rexión de La Rioja goza de especial aprecio o caracol terrestre común Helix aspersa, tanto silvestre como procedente de helicicultura. Outras especies comestibles frecuentes na Península Ibérica son o caracol da serra (Helix alonensis), o xudeu (Helix candissima) e o de bosque (Helix nemoralis). Internacionalmente se coñece o caracol de Borgoña, criado en viñas e de gran tamaño. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando chove e fai sol colle o caracol. Con bo sol abre os cornos o caracol. Con caracois, figos e béveras, auga non bebas; pero o viño sexa tanto, que todo o que comas ande nadando. O caracol tivo anteollos, e por uns cornos perdeu os ollos”.
Sinónimos: cascarolo, cosco, cosco. -
Cuncha dun caracol.
-
[ANIMAL]
-
s
m
[ANAT]
Conduto do oído interno situado na espesura do óso temporal e enroscado en forma de espiral. Constitúe o labirinto anterior e contén os órganos esenciais do sentido do oído. Está formado pola columela, ou eixe óseo central, pola lámina dos contornos, ou conduto en espiral, enrolado ao redor da columela, e pola lámina espiral, ou membrana ósea, que divide interiormente a lámina dos contornos en dúas ramplas, unha timpánica, que corresponde á fiestra redonda, e unha vestibular, que se abre no vestíbulo. No interior da rampla vestibular está o caracol membranoso, que é un pequeno conduto enrolado en espiral que se inicia nun fondo cego no vestíbulo. Entre o caracol óseo e o membranoso hai un líquido incoloro, a perilinfa, e no interior do caracol membranoso está a endolinfa. A estrutura específica da función auditiva é o órgano de Corti, situado no interior do caracol membranoso.
Sinónimos: cóclea. -
s
m
[TECNOL]
Peza cónica da maquinaria dun reloxo, das caixas de música, etc, que presenta unha rañura helicoidal na que se enrosca unha cadea trabada ao tambor.
-
s
m
Cada unha das voltas que o xinete lle fai dar ao cabalo.
-
caracol de Pascal
[MAT]
Curva plana, pechada e simétrica respecto ao eixe X que ten como ecuación, en coordenadas polares, r = 2a cos ϑ + K. Presenta tres formas: caracol hiperbólico, cun lazo de orixe, cando 0 < K < 2a; caracol elíptico, no que desaparece o lazo pola existencia dun punto conxugado, cando K > 2a > 0; e cardioide, cando K = 2a. O caracol de Pascal, que é unha concoide dunha circunferencia respecto a un dos seus puntos, describiuno Étienne Pascal, pai de Blaise Pascal.
-
escaleira de caracol
escaleira de caracol.
Refráns
- Con bo sol abre os comas o caracol.
- O caracol baleiro fai máis ruído que cheo.
- O caracol tivo anteollos e por uns cornos perdeu os ollas.