caracocha

caracocha

(

  1. s f
    1. [BOT]

      Tronco dunha árbore vella que aparece furado como consecuencia da desaparición da parte leñosa, principalmente pola acción de fungos.

      Ex: Fomos ó monte á leña e non atopamos máis ca unha vella caracocha de castiñeiro.

      Sinónimos: carocha.
    2. Oco que presenta o tronco dalgunhas árbores vellas.

      Sinónimos: carocha.
  2. s f [BOT]

    Bráctea que cobre a mazaroca do millo.

    Ex: Non era nada doado sacarlle as caracochas ás espigas que tiñamos que esfollar.

    Sinónimos: carocha, carrupa, cosco, panoia, poma, follato, cosco.