follato

follato

(< folla)

  1. s m

    Bráctea que recobre a espiga do millo.

    Sinónimos: carocha, carrupa, casulo, cosco, panoia, poma, follada, follo, cosco.
  2. s m

    Póla nova pequena e delgada con follas que bota unha planta, especialmente a vide.

    Ex: A xeada murchou os follatos das cepas.

  3. s m

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    Sinónimos: fullato.

Palabras veciñas

follata | follatear | follateiro | follato | follatorio | follaxe | follear