casulo
(
-
s
m
[ZOOL]
Cuberta máis ou menos ríxida que forman algúns animais, principalmente arácnidos, insectos e anélidos, co fin de recubrir o seu corpo total ou parcialmente. Adoita ter unha función protectora para o animal adulto e os seus ovos, como o saquiño sedoso no que as arañas gardan a posta. Serve tamén para que nela se produzan metamorfoses, como a que fabrican as eirugas de moitos lepidópteros e as larvas doutros insectos.
-
s
m
Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.
Ex: Cómpre tirarlle o casulo ás fabas.
Sinónimos: casula, casulla, caxiga, cornella, cornello, cosco, gaxa, vaíña, vaxa, cosco. Confrontacións: tegumento. -
s
m
Follas que recobren a espiga do millo.
Sinónimos: caracocha, carocha, carrupa, casula, casulla, cosco, panoia, poma, follato, cosco. -
s
m
Correa de coiro, normalmente con forma de carapucha, que vai atada no extremo do mallo para suxeitar a mangueira e a pértega.
Ex: Rompeulle o casulo ó mallo e tivemos que pedir un prestado.
Sinónimos: casoma, casula, casulla, cidoiro, cizoiro, entrecarto, meán, xunguidoira. -
s
m
Cada unha das celas que forman a colmea das abellas.
Sinónimos: casula, casulla, entena, favo.