1 cata
1 cata
(< 1 catar)
-
s
f
-
Exame sensorial ou organoléptico dun alimento para valoralo de maneira obxectiva e analítica seguindo unha técnica establecida.
Ex: O noso branco foi moi valorado na cata de viños do Condado.
Sinónimos: catadura. -
Porción de alimento que se examina a través dos sentidos para coñecer o seu aroma, sabor, grao de madurez ou calidade en xeral.
Ex: Probaron varias catas do xamón e estaba ben curado.
Sinónimos: catadura.
-
-
s
f
Porción de terreo de reducidas dimensións na que se realiza unha escavación orientativa para coñecer as características xerais dunha área máis ampla que se pretende escavar.
Ex: Antes de construír tiveron que realizar unha cata arqueolóxica por se había restos romanos.
-
s
f
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘labrego’.