2 cata
(
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Ave arborícola da familia dos psitácidos, de corpo alongado e cola moi longa. Habitualmente presenta plumaxe de cor verdosa, o que lle permite pasar desapercibida no alto das árbores, e o peteiro curto e con forma de gancho. Aliméntase de gromos e froitos, incluídos os dos cultivos agrícolas. Orixinarias de países tropicais, trouxéronas como aves ornamentais aínda que xa se atopan asilvestradas nalgúns puntos de Europa.
-
cata arxentina
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 30 cm de lonxitude que ten a fronte, a gorxa e o peito de cor cinsenta, as plumas remeiras das alas de cor azul e o peteiro de cor ocre clara. Vive en colonias numerosas e constrúe grandes estruturas nas árbores con paos que ela mesma corta e que lle serven para aniñar e durmir. Orixinaria de Sudamérica, foi introducida no leste de Norteamérica, nas Bahamas e en Puerto Rico, así como nas Rías Baixas galegas e na costa mediterránea da Península Ibérica.
-
cata de Kramer
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 40 cm de lonxitude, de cola moi longa, coa mandíbula superior do peteiro vermella escura e a inferior negra. O macho presenta unha franxa no pescozo de cor negra e rosada. Aniña nos ocos das árbores e é orixinaria da sabana africana e asiática, aínda que tamén está presente en distintos puntos de Europa, entre eles en cidades mediterráneas da Península Ibérica.
-
cata malabar
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 38 cm de lonxitude, de cabeza, peito e costas de cor cinsenta, alas e cola verdes azuladas e colar negro e turquesa. É natural do SO da India e aniña en buracos.