Catá, Sabas B.

Catá, Sabas B.

Xornalista. Emigrou moi novo a Cuba e despois regresou á súa vila natal, onde fundou o semanario republicano El Eco de Marín, que contou coa colaboración de Víctor Said Armesto, Xulio Camba e Xoaquín Pesqueira, entre outros. En 1900 tirou do prelo El Eco Marinense que, ao igual ca o anterior, sufriu a censura eclesiástica. Fundou tamén o xornal El Marinense (1902-1909), denominado posteriormente Nuevo Marín. Militante nas filas republicanas, os seus artigos anticaciquís, anticlericais e en favor da autonomía de Cuba valéronlle varias excomuñóns e persecucións das autoridades civís e eclesiásticas. Escribiu o folleto Verdades amargas. Exposición de los males que afligen a Cuba... y remedios... (1895).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Marín

  • Deceso

    Lugar : La Habana