vaíña

vaíña

(< lat vagīna)

  1. s f

    Estoxo da folla dunha espada ou doutras armas brancas e de certos instrumentos cortantes ou punzantes, como tesoiras ou punzóns.

  2. s f

    Envoltura membranosa e laminar que cobre as sementes de certas plantas, como as fabáceas.

    Sinónimos: casula, casulla, casulo, gaxa, vaíña, vaxa.
  3. s f

    Funda de forma alongada.

  4. s f [INDUM]

    Dobrez no bordo dunha peza de roupa, por onde se fai pasar unha fita ou unha goma.

    Sinónimos: funda, forro.
  5. s f [MAR]

    Dobrez que se fai no bordo dunha vela por onde pasa un cabo para reforzala.

  6. s f [ANAT]

    Estrutura anatómica, máis ou menos tubular, que envolve total ou parcialmente un órgano. É o caso das envolturas dos tendóns, vaíña tendinosa, dos músculos, vaíña muscular, ou de axóns, vaíña de Schwann.

  7. s f [BOT]

    Base máis ou menos ensanchada das follas, que envolve en parte ou totalmente o talo sobre o que se insire.

  8. s f [BÉL]

    Parte do cartucho onde se aloxa a carga de protección da bala.

  9. s f [CONSTR]

    Tubo estanco que, nunha estrutura de formigón, se destina a aloxar alí os cables tensores.