cornecha

cornecha

(

  1. s f

    Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.

    Ex: Debullou as cornechas das fabas nunha tarde.

    Sinónimos: casula, casulla, casulo, caxiga, cornella, cornello, cosco, vaíña, vaxa, cosco. Confrontacións: tegumento.
  2. s f [ANIMAL]

    Molusco bivalvo de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares, de ata 4,5 cm de lonxitude e superficie branca. Habita en fondos, de ata 100 m de profundidade, do intralitoral areoso do Atlántico, dende Marrocos ata Noruega. Non resulta tan apreciada para o consumo humano coma as ameixas.

  3. s f [ANIMAL]

    Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, de ata 5 cm de ancho e de valvas ovadas e sólidas. Vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo.

Palabras veciñas

Córneas | Córneas | Corneau, Alain | cornecha | cornecho -cha | corned beef* | Corneda