cornecha
cornecha
(
-
s
f
Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.
Ex: Debullou as cornechas das fabas nunha tarde.
Sinónimos: casula, casulla, casulo, caxiga, cornella, cornello, cosco, vaíña, vaxa, cosco. Confrontacións: tegumento. -
s
f
[ANIMAL]
Molusco bivalvo de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares, de ata 4,5 cm de lonxitude e superficie branca. Habita en fondos, de ata 100 m de profundidade, do intralitoral areoso do Atlántico, dende Marrocos ata Noruega. Non resulta tan apreciada para o consumo humano coma as ameixas.
-
s
f
[ANIMAL]
Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, de ata 5 cm de ancho e de valvas ovadas e sólidas. Vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo.