Córneas
Córneas
Río afluente do Lamas, da conca do Suarna, pola dereita. Nace na parroquia de Córneas, no concello de Baleira. O seu curso adopta unha dirección S-N, atravesa a parroquia e penetra na do Freixo, no concello da Fonsagrada. Neste lugar recibe o seu primeiro afluente, o río do Castelo, e vira cara ao L pola parroquia de San Pedro de Río. Desemboca ao chegar a Lamas de Moreira, logo dun percorrido duns 9 km.